Cando emprendas a viaxe cara a Itaca
prega que sexa longo o camiño,
cheo de aventuras, cheo de experiencias.
Aos Lestrigóns, aos Cíclopes
ou ao fero Poseidón, nunca temas.
Non atoparás trabas no camiño
se se mantén elevado o teu pensamento e é exquisita
a emoción que toca o espírito e o corpo.
Nin aos Lestrigóns, nin aos Cíclopes,
nin ao feroz Poseidón has de atopar,
se non os levas dentro do corazón,
se non os pon diante túa o teu corazón.
Prega que sexa longo o camiño.
Que moitas sexan as mañás de verán
en que - ¡con que pracer! ¡con que alegría! -
entres en portos nunca antes vistos.
Detente nos mercados fenicios
para comprar finas mercancías
madreperla e coral, ámbar e ébano,
e voluptuosos perfumes de todo tipo,
tantos perfumes voluptuosos como poidas.
Ve a moitas cidades exipcias
para que aprendas e aprendas dos sabios.
Sempre na mente has de ter a Itaca.
Chegar alá é o teu destino.
Pero non apresures a viaxe.
É mellor que dure moitos anos
e que xa vello chegues á illa,
rico de todo o que gardes no camiño
sen esperar que Itaca che dea riquezas.
Itaca deuche a bela viaxe.
Sen ela non aprenderías o camiño.
Non ten outra cousa que darche xa.
E se a atopas pobre, Itaca non te enganou
sabio como te volviches con tantas experiencias,
comprenderías o que significan as Itacas.

Itaca
Konstantino Kavafis